miércoles, 11 de octubre de 2017

Novas do Pasaxe

Moitos estades a preguntar pola actividade estrela da Noite Meiga, así que vos deixamos toda a información:
A venda de entradas anticipadas comezará o día 20 e este ano venderanse en Lisanavia, na rúa Progreso Nº37, en horario comercial.
O día da festa venderanse na oficina da MIT na Praza Maior a partir das 19h.
Véndense un máximo de 4 entradas por persoa.
O espectáculo é para maiores de 12 anos.
Ten un aforamento limitado e as entradas teñen unha hora especifica que se debe cumprir.
Empeza ás 22h e termina á 1 h da madrugada.
Esta actividade é nos pasadizos do Castelo de Ribadavia, e a entrada é polo Xulgado que esta na Praza Maior.
O Pasaxe corre a cargo de Trécola Teatro e voluntarios do Ribeiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario