jueves, 1 de noviembre de 2018

DESFILE MEIGO

Despois do Baile de Feiticeiros, saíremos en Desfile para enseñarlle a toda a xente as nosas mellores galas, e así tamén dar un pouco de medo!
O Desfile será as 20 h dende a Fonte de Dous Canos ata a Praza Maior, estaremos acompañados de Zancudos, Malabaristas e Cuspe Lumes. Colabora XLPerformance.
Todo o mundo pode participar, só tendes que estar alí 10 minutos antes! Animádevos!!
#noitemeiga #noitemeiga18 #noitemeigaribadavia


BAILE DE FEITICEIROS

A Noite Meiga comeza xa de tarde, cun baile para os máis pequenos xa que eles son moi importantes na nosa festa, e por iso a partir das 18 h e ata as 20 h estaremos a nos divertir con eles, no noso Baile de Feiticeiros, con moitos xogos, baile e obradoiros para que pasen unha tarde do máis divertido.
No Club Artístico, entrada por abaixo.
Coa colaboración de Bolboretas


martes, 30 de octubre de 2018

TEATRO NO COLE



Mañá comenzamos!!!
Imos quentando motores!!
As 12:00 h no colexio CEIP Prurilingüe Ribadavia, teremos Teatro, A BRUXA MARUXA, a cargo de Voluntarias Meigas.
Esperamos que os/as nenos/as o disfruten!

lunes, 29 de octubre de 2018

CONCURSO LOCALES

LOCALES DA HOSTALERIA, recordade o noso CONCURSO, no é necesario anotarse, tan só tendes que ambientar o voso local da cordo coa Noite Meiga.
O venres día 2 de Novembre un xurado pasarase por todos os locales e elixirá o mellor desta Noite Meiga.
O gañador anunciarase o día da Noite Meiga as 23:55 h.
Participade!!
#noitemeiga #noitemeiga18 #noitemeigaribadavia


EXPOSICIÓNS

Dende hoxe ata o 4 de Novembro temos Exposicións:
- 9h a14:30h Exposición de Libros.
- 16h a 22 h Infantís/Xuvenís de Medo na Casa da Cultura. Colaboración coa Bliblioteca Pública Municipal de Ribadavia.
- 8h a 20 h Exposición de Cabazas na Praza de Abastos. Feitas polos/as nenos/as do CRA Amencer e o Colexio CEIP Plurilingüe Ribadavia
Visitádeas!!


sábado, 27 de octubre de 2018

Normas Pasaxe do Terror

O Pasaxe do Terror, ten unhas normas que todos/as deben cumprir para que así a actividade se leve sen problemas e poidan disfrutar todos/as dela. Para os que vaiades, aqui volas deixo:



viernes, 26 de octubre de 2018

Aquelarre


As Donas sen Cabaleiros cos Tabaleiros da Istoria, deleitaranos con un Aquelarre en dous pases, o primeiro será as 21h na Praza Maior, e o segundo as 22:45h na fachada do castelo, que nos terán preparado este ano? Animadevos a descubrilo!!