Xa temos todo listo para o Pasaxe do Terror nos pasadizos do Castelo, entrando polo xulgado. A cargo de Cometa Espectáculos e Voluntari@s do Ribeiro.
Espectáculo para maiores de 12 anos, o aforamento é limitado e as entradas teñen unha hora especifica polo que a asociación non se fai responsable de sí non se chega a hora señalada na entrada.
Venda anticipada dende o venres 23 de Outubro en Entretempos na Praza Maior e o día da festa na oficina da MIT na Praza Maior a partires das 20:00h.
O custo da entrada é de 4 €.
No hay comentarios:
Publicar un comentario