miércoles, 28 de octubre de 2015

PROGRAMA NOITE MEIGA 2015

Programa da Noite Meiga 2015.








#eunoitemeiga #noitemeiga2015 #noitemeigaribadavia
 #galiciamola #galifornia #festas #festasgalicia #ORibeiro #Ribadavia #NoiteMeiga #galiciacalidade

lunes, 26 de octubre de 2015

Photocall Meigo


Ven o noso photocall e posa terrorificamente, a cargo de garabato-photo, no club artístico a partires das 17h para os nen@s e a partires das 1h para os adultos

😉 




domingo, 25 de octubre de 2015

Aquelarre de Meigas

Este ano voltarán a bailar para nos, o Aquelarre de Meigas xunto cos Tabaleiros da Istoria, actuarán na Madalena as 23:00h e as 00:55h, na rúa Progreso a altura da Praza de Abastos.



sábado, 24 de octubre de 2015

Posto oficial Ribadavia Activa-T


Colabora con nós, tomándote un cadeliño ou un bebedizo Mortal no noso posto de Bebedizos Mortais e Cadeliños Quentes, na Praza Maior!!


Performance de Lume e Pirotenia "Habelas Hailas" por Kepler


Non vos podedes perder a Performance de lume e pirotenia que van facer kepler t&t en "Haberlas Hailas" na Praza Maior a partires das 22h. O día da noite Meiga.

😉




jueves, 22 de octubre de 2015

Xituma Batuke

Non paramos!! Xituma Batuke, estarán amenizando as rúas na Noite Meiga, en dúas sesións, unha pola Praza Maior,Praza da Madalena, Barrio Xudeo, a partires das 20:15h e a segunda sesión saíndo dende a rúa Progreso a partires das 23:00h.

Esconxuro da Queimada

Este ano temos una gran fusión entre As Lajartas e o Teatro do Vilar, que serán os encargados de facer o Esconxuro da Queimada, na Praza Maior a partir das 00:15h. Vai ser un gran espectáculo, non volo perdades!! 

Concurso de ambientación de locais da hostelería

Outro Concurso máis, non fai falta anotarse!!
Concurso de ambientación de locais da hostalaría. O xurado visitará os locais o venres 30 de outubro a partires das 20:00h.
Participade dandolle unha imaxe terrorífica o voso local!!

miércoles, 21 de octubre de 2015

Mais EXPOSICIÓNS


Este ano temos dúas exposicións máis, a dos carteis participantes no concurso de Carteis deste ano e a exposición de cabazas que farán os nenos dos CRA Amencer de Sampaio, Francelos e San Cristobo.
A exposición de carteis estará no Cafe - Pub Aljama ata o 15 de Novembro. 
A exposición de cabazas será do 27 ao 31 de outubro.
Vótalles un ollo!!


Concurso de Selfies

Este ano na Noite Meiga Publica o teu selfie meigo máis terrorífico durante a Noite coa etiqueta ‪#‎EarNoiteMeiga‬ e entra no sorteo de 50€ de regalo para poder gastar nos establecementos asociados do Ribeiro.


Baile de Feiticeiros

Como sempre na Noite Meiga pensamos nos máis cativos, por iso temos o Baile de feiticeiros no Club Artístico das 17:00h as 19:00h rematando con un desfile polas rúas de Ribadavia, estará animado polos Tabaleiros da Istoria.
Para todos os nen@s a partires de 3 anos.

MAGO TETO NA NOITE MEIGA

Mago Teto estará con nós nesta edición da Noite Meiga, o día da festa a partires das 23:15h na Igraxa da Madalena, con só un donativo de 2 €.
Un espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións. Para toda a familia.

lunes, 19 de octubre de 2015

Pasaxe do Terror

Xa temos todo listo para o Pasaxe do Terror nos pasadizos do Castelo, entrando polo xulgado. A cargo de Cometa Espectáculos e Voluntari@s do Ribeiro.
Espectáculo para maiores de 12 anos, o aforamento é limitado e as entradas teñen unha hora especifica polo que a asociación non se fai responsable de sí non se chega a hora señalada na entrada.
Venda anticipada dende o venres 23 de Outubro en Entretempos na Praza Maior e o día da festa na oficina da MIT na Praza Maior a partires das 20:00h.
O custo da entrada é de 4 €.

jueves, 15 de octubre de 2015

Exposición da Noite Meiga


Exposición na Igrexa da Madalena:


CONSTRUÍNDO TRADICIÓN: A NOITE MEIGA

Inauguración o Xoves, 29 de Outubro as 20:00h. a cargo de Xosé Carlos Sierra director do Museo e Bárbara Gándara Rojo presienta de Activa-T.

Esta exposición permanecerá na Igrexa ata o 29 de Novembro e podédela visitar nos seguintes horarios: 
De martes a Venres: de 12h - 14h e de tarde: 16:30h - 18:30h
Sábados e domingos: de 12h a 14h
Organiza: Museo Etnolóxico de Ribadavia, Asociación de amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia e Ribadavia Activa-T.


jueves, 1 de octubre de 2015

Los Chavales na Noite Meiga 2015


Ya estamos con los preparativos de la nueva edición de la Noite Meiga, y ya tenemos algo confirmado, por fin!!
Los chavales serán los que cierren este año la Noite Meiga con el concierto de fin de fiesta. No te los pierdas!! El 31 de Octubre a partir de la 1:00h. en el Club Artístico de Ribadavia