jueves, 1 de noviembre de 2018

DESFILE MEIGO

Despois do Baile de Feiticeiros, saíremos en Desfile para enseñarlle a toda a xente as nosas mellores galas, e así tamén dar un pouco de medo!
O Desfile será as 20 h dende a Fonte de Dous Canos ata a Praza Maior, estaremos acompañados de Zancudos, Malabaristas e Cuspe Lumes. Colabora XLPerformance.
Todo o mundo pode participar, só tendes que estar alí 10 minutos antes! Animádevos!!
#noitemeiga #noitemeiga18 #noitemeigaribadavia


BAILE DE FEITICEIROS

A Noite Meiga comeza xa de tarde, cun baile para os máis pequenos xa que eles son moi importantes na nosa festa, e por iso a partir das 18 h e ata as 20 h estaremos a nos divertir con eles, no noso Baile de Feiticeiros, con moitos xogos, baile e obradoiros para que pasen unha tarde do máis divertido.
No Club Artístico, entrada por abaixo.
Coa colaboración de Bolboretas