martes, 30 de octubre de 2018

TEATRO NO COLE



Mañá comenzamos!!!
Imos quentando motores!!
As 12:00 h no colexio CEIP Prurilingüe Ribadavia, teremos Teatro, A BRUXA MARUXA, a cargo de Voluntarias Meigas.
Esperamos que os/as nenos/as o disfruten!

lunes, 29 de octubre de 2018

CONCURSO LOCALES

LOCALES DA HOSTALERIA, recordade o noso CONCURSO, no é necesario anotarse, tan só tendes que ambientar o voso local da cordo coa Noite Meiga.
O venres día 2 de Novembre un xurado pasarase por todos os locales e elixirá o mellor desta Noite Meiga.
O gañador anunciarase o día da Noite Meiga as 23:55 h.
Participade!!
#noitemeiga #noitemeiga18 #noitemeigaribadavia


EXPOSICIÓNS

Dende hoxe ata o 4 de Novembro temos Exposicións:
- 9h a14:30h Exposición de Libros.
- 16h a 22 h Infantís/Xuvenís de Medo na Casa da Cultura. Colaboración coa Bliblioteca Pública Municipal de Ribadavia.
- 8h a 20 h Exposición de Cabazas na Praza de Abastos. Feitas polos/as nenos/as do CRA Amencer e o Colexio CEIP Plurilingüe Ribadavia
Visitádeas!!


sábado, 27 de octubre de 2018

Normas Pasaxe do Terror

O Pasaxe do Terror, ten unhas normas que todos/as deben cumprir para que así a actividade se leve sen problemas e poidan disfrutar todos/as dela. Para os que vaiades, aqui volas deixo:



viernes, 26 de octubre de 2018

Aquelarre


As Donas sen Cabaleiros cos Tabaleiros da Istoria, deleitaranos con un Aquelarre en dous pases, o primeiro será as 21h na Praza Maior, e o segundo as 22:45h na fachada do castelo, que nos terán preparado este ano? Animadevos a descubrilo!!



jueves, 25 de octubre de 2018

Animación de Rúa

Na Noite Meiga non pode faltar a animación de rúa, e desto encárgase Trópico de Grelos, estarán animándo as rúas en dous pases, o primeiro será a partir das 20:30 h pola Praza Maior, Madalena, Barrio Xudeo e o segundo será ás 22:30 h pola rúa Progreso ata o Barrio Xudeo. Animádevos a facer a ruta con eles!!
Imaxe de Raul Holden


CLASICOS DE CINE: DEMENTIA 13

Este venres a terceira das películas escollidas para o ciclo de cine clásico de terror 2018, Dementia 13.
Película de 1963 unha das primeiras películas dirixida polo grande Francis Ford Coppola. Tendo infinidade de críticas boas e malas, cun argumento variopinto e segundo algún, un tanto excéntrico, fan desta película levantar a curiosidade no futuro espectador.
Gustará, non gustará.
Recorda: o mellor crítico sempre é un mesmo.

miércoles, 24 de octubre de 2018

Colabora

Este ano o noso granito de solidariedade é para Asociación Bicos de Papel
Bicos de papel é unha asociación que axuda a nenos oncolóxicos e as súas familias desde o momento do diagnóstico e son tratados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Este hospital, ademais de tratar aos pacientes de Vigo, tamén o fai cos do sur de Galicia (Pontevedra e Ourense).
Por iso teremos un espazo dedicado a eles no posto oficial de Ribadavia Activa- T para que poidades colaborar con esta gran causa. Acercádevos!

Posto Oficial Ribadavia Activa-T

Ribadavia Activa-T terá un posto oficial de cadeliños quentes, brebaxes de cevada e outras apócemas, na Praza Maior a partir das 20:30 h.

Ademais poderedes comprar algún recordo desta gran festa, colabora connosco para que volvamos o ano que vén!

#cadeliñosquentes #pocemas #brebaxes #noitemeiga #noitemeigaribadavia #noitemeiga18