domingo, 30 de octubre de 2016

Grazas a todos os voluntarios

Isto vai a todos os nosos voluntarios:
GRAZAS
Grazas por regalarnos o voso tempo.
Pola implicación, seriedade, responsabilidade e agarimo co que tratades cada ano a esta organización.
Sen vós, nós non o conseguiriamos.
Somos a unión perfecta, somos a NOITE MEIGA.
Descansade, collede forzas, porque o ano que vén repetimos.
GRAZAS!!!





viernes, 28 de octubre de 2016

martes, 25 de octubre de 2016

jueves, 20 de octubre de 2016

Aquelarres das Meigas

Outro ano máis tamén colaborarán coa Noite Meiga as Donas Sen Cabeleiros e Os Tabaleiros da Istoria, facendo o Aquelarre de Meigas, en dous pases un ás 21:15h na Praza Maior e o outro ás 23:00 h na Rúa Progreso coa Oliveira o día da Noite Meiga. Non volo perdades!



miércoles, 19 de octubre de 2016

BAILE DE FEITICEIROS, PHOTOCALL MEIGO E DESFILE PARA OS NEN@S

Na Noite Meiga pensamos nos máis pequenos e por iso toda a tarde dedicámoslla a eles, empezando co Baile de Feiticeiros a partires das 17:30h, cun Photocall Meigo a cargo de Tamara Portela e rematando co Desfile, porque eles tamén teñen que gozar da Noite Meiga. 






martes, 18 de octubre de 2016

As Lajartas Na Noite Meiga

Outro ano máis As Lajartas estarán connosco na Noite Meiga, estamos desexosos de ver o que nos teñen preparado, por agora só podémosvos adiantar que vai ser incrible, coma sempre.
Actuarán en 2 sesións, ás 23:15 h no cruce dá rúa Progreso coa Oliveira e ás 00:30h na Praza Maior, non volo perdades.






viernes, 14 de octubre de 2016

Flashmob

Novidade!! Novo xogo social da Noite Meiga, experiencia grupal, o día da Noite Meiga ás 23:45 h, activarase o Flashmob, só tendes que aprender a coreografía e o día da Noite Meiga na Praza Maior colocarédesvos mirando cara ao escenario para realizala seguindo as indicacións de Isa Crespo, Animádevos e participade.

Deixámosvos o vídeo para que xa vaiades ensaiando.





Colaboran os monitores do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia e o Monitor do Centro Sociocomunitario de Ribadavia.

jueves, 13 de octubre de 2016

Programa Noite Meiga 2016

Por fin temos O PROGRAMA da Noite Meiga 2016, agora xa sabedes apuntade a data nas vosas axendas e non vos perdades ningunha actividade. Esperámosvos!! 






lunes, 10 de octubre de 2016

Concerto Fin de Festa Fillos do Estramonio

Máis novas da Noite Meiga 2016! Xa podemos confirmar quen pechará este ano a Noite Meiga, cun concerto no Club Artistico de Ribadavia, a partir da 1:00h, con Fillos Do Estramonio liderado por Pepe Capelán, non volo perdades!!



miércoles, 5 de octubre de 2016

Aviso para os Artesáns!!

Aviso para os Artesáns!!
Todos os que estén interesados en participar nesta edición do Mercado Meigo teñen ata o día 22 de Outubro para inscribirse, tedes que enviar un e-mail á nosa dirección: noitemeigaribadavia@gmail.com, non quededes sen sitio!!